Traslados:Información del Sergas

Share

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 10 de decembro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario das categorías de facultativo/a especialista de área, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061 e técnico/a en farmacia.

Infórmase así mesmo que, aqueles/as profesionais que tivesen participado no primeiro ciclo de adxudicación do concurso de traslados aberto e permanente das restantes categorías e non resultaron adxudicatarios de ningún destino, teñen editable en fides o formulario de inscrición do anterior proceso, para efectuar, se así o desexan, a modificación dos destinos seleccionados ou calquera outro cambio.

En próximas datas publicarase na páxina web do Sergas unha guía de axuda sobre cómo proceder para participar no 2º ciclo e sucesivos do concurso aberto e permanente.