O Defensor do Paciente critica que a Xunta lle falte ao respecto aos mortos por hepatite C

Share

Acusa a Sanidade de “omisión de auxilio” e lamenta que o conselleiro dixera que as seis persoas mortas falecerían igual a pesar de contar con tratamento.

 

A presidenta de Defensor do Paciente, Carmen Flores, indica nunha misiva que lle mandou ao conselleiro que a lexislación establece a obrigación de facilitar «medios para paliar, alargar ou curar a vida das persoas», e considera que en caso contrario «isto é omisión de auxilio».

«A medicación existe, está dentro da carteira de servizos e autorizada e negouse a posibilidade», comentou Flores. “Isto na lei tamén se chama perda de oportunidade porque nin vostede nin ninguén saben como ían responder os enfermos á nova medicación”, espetoulle a Vázquez Almuiña. “É vostede un visionario para determinar o resultado dos fármacos?”, preguntoulle.

Afectados por esta enfermidade criticaron, ademais, o tratamento que algúns grandes medios lle están dando a esta crise, con novas que son relegadas ás últimas páxinas da sección de Galicia e “maltratadas”. “Se fora con outro goberno coparían portadas durante días e días”, apuntan fontes consultadas.

LEER NOTICIA COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL