“O do hospital de Vigo foi un contrato amañado no que se beneficiou o licitador”

Share

ANTÓN BEIRAS CAL, ECONOMISTA, AUDITOR E AVOGADO

Por que defende que o novo hospital de Vigo é privado?

Porque é propiedade da sociedade concesionaria, que o explota durante un prazo de 20 anos arrendándoo mediante un canon anual ao Sergas. O hospital está no balance da concesionaria e está fóra das contas públicas da Xunta.

Con que obxectivo a Xunta de Galiza optou por un modelo privado?

Co duplo obxectivo de experimentar un modelo novo no noso país (aínda que xa caduco en Inglaterra) de colaboración público privada e tamén de que o seu financiamento non contase como déficit público.

Por que fala no artigo do «tufo a contubernio nepótico, a escuro chanchullo e a capitalismo de amiguetes»?

Precisamente por iso: porque ao suprimir dun contrato público desa envergadura o principio de libre concorrencia, o que se produce é un concerto entre a Administración concedente e o concesionario.

LEER ENTREVISTA COMPLETA