Os afectados denuncian retrasos en tratamentos de Hepatite C para «cadrar as contas»
Dende a Plataforma de Afectados tamén aproveitaron para criticar duramente as declaracións dos dous altos cargos investigados no proceso xudicial, o exdirector de asistencia sanitaria Félix Rubial e a subdirectora de Farmacia Carolina Gómez Criado. Consideran que estes dous altos cargos trataron ante o xuíz de «esquivar as súas responsabilidades facéndoas recaer sobre persoas subordinadas», nomeadamente os membros da subcomisión que autorizaba os tratamentos e nalgúns casos concretos sobre a directora de procesos da área de Santiago, Ana Souto. Amosan a súa sorpresa ante unhas declaracións que parecen «reducir o seu rol ao de meros administrativos», no que interpretan como unha «forma …