Una vez más

Share

Contas detecta «deficiencias» nas contas da Xunta

Di que atrasou gastos que «deberon recoñecerse» en 2014 e advirte dunha forma de presupostar á baixa «escasamente realista» para logo tirar de forma «excesiva» sen xustificación do fondo de imprevistos .

Así figura na declaración definitiva sobre a Conta Xeral da Comunidade de 2014, feita pública este venres, na que se resume que, aínda que se reflicte «razoablemente a actividade económico-financeira» dese ano, se observan «deficiencias», posto que tamén ese ano se imputan gastos que «corresponden a exercicios anteriores».

O traballo do órgano fiscalizador foi presentado este venres polo conselleiro maior, José Antonio Redondo López, ao presidente da Cámara, Miguel Santalices, e en este figura que o modo de proceder ao pospoñer os compromisos de gasto entre exercicios «supón o incumprimento do principio de anualidade presupostaria regulado no artigo 60 da lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia».

Ademais, esta situación provoca que «anualmente parte dos créditos aprobados no exercicio corrente se atopen comprometidos por gastos de anos anteriores».

Especial atención neste punto adquire o Sergas, posto que «a información que ofrece a liquidación do presuposto vén condicionada pola reiterada asunción de compromisos do exercicio anterior e a xeración de deberes que non son obxecto de recoñecemento no exercicio».

LEER NOTICIA COMPLETA