Comunicado enviado por nuestros representantes en el 061

Share

A Xunta de Persoal do 061 e o Comité de Empresa de Grupo Norte da Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, ante a falta de avances nas negociacións do traslado ao Centro de Atención de Emerxencias no concello da Estrada, anuncia que de persistir esta situación iniciarán os primeiros paros neste mes de xullo. Estes paros afectarán ​a​os servizos ​sanitarios urxentes de toda a comunidade. Estas mobilizacións deben ser referendadas polas respectivas asembleas de traballadores.

Xunta de Persoal e Comité de Empresa tamén alerta que revisada a información sobre os plans de traslado facilitados da derradeira reunión, non se pode garantir que este se realice coas debidas garantías para un servizo de estas características. Non se sabe a día de hoxe en que quenda de traballo do día 2 de outubro se fará o cambio, non se ten contemplado o número de recursos humanos necesarios o día do traslado, nin si se duplicarán quendas , non existe un plan de probas `previo, etc.

Tanto a Xunta de Persoal como o Comité de Empresa lamenta que o Servizo Galego de Saúde teña adiado as negociacións ata o último instante, o que supón que as mobilizacións vaian ter lugar nuns meses tan críticos como son xullo e agosto e alertan das importantes repercusións que poden xerar as mobilizacións, e esperan que tanto Grupo Norte como o Servizo Galego de Saúde reaccionen, abandonen o seu inmobilismo e poñan da súa parte para chegar a un acordo beneficioso para todas as partes.