Unha manifestación reclama ante a Xunta que se triplique a convocatoria de emprego do Sergas

Share

Os sindicatos non están dispostos a conformarse coa convocatoria de 818 prazas do Sergas para este ano. Aseguran que esta OPE tan só cubre parcialmente as vacantes de 2015, quedándose lonxe de cubrir os “máis de 3000 empregos” que segundo eles se destruiron durante os últimos anos, nos que a taxa de reposición estivo fixada no 10%. Por iso encabezaron unha manifestación á que acudiron máis de 1000 persoas, segundo as súas contas, que partiu da sede central do Sergas e rematou ante a Xunta de Galicia, coincidindo coa celebración do Consello presidido por Alberto Núñez Feijóo.

A manifestación estivo convocada polos sindicatos C E S M Galicia, CIG, CCOO, UXT, O’MEGA, SATSE, SAE e C-SIF. Ante as portas de San Caetano, esixíronlle a Feiijóo que convoque “todas as prazas vacantes”. María Xosé Abuín, da CIG, denunciou que “a saturación e grande” no Sergas, algo que se nota no día a día. Asegura que a falta de persoal está facendo que se pechen camas, provocando “o colapso das urxencias” e dotando á administración da “ferramenta perfecta para derivar cara ás privadas”.

 
[mpsl slider56e1f4c9b6661]

LEER GALICIAPRESS